CRTVG

Buscar

Abren as estacións de esquí do Pireneo catalán

Publicado o 14/12/2020 14:52

Coa apertura hoxe das estacións de esquí do Pireneo catalán comeza de xeito tardío unha campaña de neve que se prevé intestable.

Masella ten hoxe 85 pistas dispoñibles para goce dos amantes do esquí, que en marzo viron interrompida a campaña pola pandemia que mantén a día de hoxe pechadas a maioría das estacións de España.

Ademais das estacións catalás, abriron Leitariegos, Punto de Nieve en Soria e San Isidro, pero só esta permanece hoxe aberta. Serra Nevada arrinca o venres.

Valdelinares e Formigal está previsto que abran o 23. Ata cando se poderá esquiar, como en todos os sectores, este ano é unha incerteza.

Noticias web

14/12/2020