Abre un novo albergue de peregrinos na Gudiña
Publicado o 27/07/2021 16:50
A semana que vén abre na Gudiña un novo albergue de peregrinos. O presidente da Xunta visitouno hoxe. Está na chamada casa da viúva; ten 44 prazas repartidas en tres andares e duplica a capacidade do anterior. Co da vila ourensá, en Galicia hai 78 albergues da rede pública dos que 13 están na Vía da Prata. Están en obras outros nas localidades de Cea e Piñor.
O xefe do Goberno galego recalca a importancia deste dobre ano santo e asegura que facer o Camiño de Santiago é unha das actividades máis saudables que se poden facer.