CRTVG

Buscar

Comeza outra semana de vacinación masiva, centrada no grupo dos 50 aos 59 anos

Publicado o 25/05/2021 15:51

No recinto do Ifevi en Vigo vacinarán 12.000 persoas nos próximos tres días. Todas teñen entre 50 e 59 anos, e recibirán a primeira dose da pauta.

Máis de cinco mil tiñan cita hoxe, entre elas, 50 mariñeiros de altura e de gran altura. "Mariñeiros que ou ben chegan no buque, ou ben parten nas próximas horas", explica Francisco Represas, un dos coordinadores da vacinación na área sanitaria de Vigo. Vacínanse coa fórmula de Janssen para ter a pauta completa cunha soa dose, aclara, e engade: "Xa lles damos un certificado en papel para que non teñan imprevistos nos países que visiten".

Aos chamados a vacinarse en Vigo súmanse máis de cinco mil citas en Expocoruña, 2.500 en Expourense e 2.100 no HULA en Lugo. O obxectivo é completar esta semana as primeiras doses da vacina no grupo de 50 a 59 anos.

Noticias web

25/05/2021