Abre o salón do vehículo de ocasión de Vigo con limitacións de ocupación
Máscaras, toma de temperatura, sentido de circulación único e desinfectante por todas partes garanten a seguridade sanitaria no Motorocasión de Vigo.
Podía abrir co 75 por cento de ocupación, pero decidiuse ser aínda máis estritos e reducilo a só a metade.
Hai mil coches de todo tipo expostos e á venda..
Máis de tres meses de parada que obrigan os concesionarios a sacar stock, e as axudas anunciadas para mercar quilómetros cero, facilitan o que os vendedores consideran maiores ofertas da historia do salón.
Entre os primeiros visitantes coincidencia en que hai moito que ver, pero unha feira é unha feira e xa se sabe que da feira cadaquén fala segundo lle vai nela.
Motorocasión está aberto ata o domingo pola tarde e a entrada só custa 4 euros,
Os nenos pasan de balde.