CRTVG

Buscar

Abre o Salón do Automóbil en Lugo, con 400 vehículos á venda

Publicado o 15/03/2019 16:29

Máis de trinta marcas poñen á venda preto de 400 vehículos desde hoxe no Pazo de Feiras de Lugo. É o salón do vehículo novo. A próxima fin de semana será a quenda dos coches de ocasión.

Os dous certames son moi atractivos para os que estean pensando en comprar ou cambiar de coche, porque nun mesmo recinto poden comparar modelos e prezos.

A organización agarda superar os 12.000 visitantes de edicións anteriores. Tamén confía en igualar, cando menos, a facturación de tres millóns de euros conseguida o ano pasado coa venda de máis de 200 coches.

Noticias web

15/03/2019