CRTVG

Buscar

Abre o prazo para inscribirse nas oposicións de ensino, que serán o 22 de xuño

Publicado o 11/03/2019 19:28

Aqueles que queiran optar a unha das 2.064 prazas da oferta pública en ensino poderán facelo a partir de hoxe. Así o recolleu o DOG na convocatoria, onde tamén especifica que as probas terán lugar o 22 de xuño a partir das nove da mañá.

Dende esta academia estiman necesarios uns dous ou tres anos para facerse cunha praza neste sector. A maioría dos opositores de ensino que forman teñen unha clara vocación ou están traballando en centros privados e prefiren cambios.

O prazo de inscrición rematará o 1 de abril.

Noticias web

11/03/2019