CRTVG

Buscar

Abre o prazo para a solicitude de bolsas de estudo universitarias

Publicado o 03/08/2021 09:42
Abre o prazo para a solicitude de bolsas de estudo universitarias

Este martes abre o prazo para a solicitude de bolsas de estudo universitarias e outras con ensinanzas postobrigatorias con validez en todo o territorio nacional.

O presuposto de bolsas e axudas ao estudo aumentou en máis de 128 millóns, ata os 2.038 millóns de euros para o curso 2021-2022.

O prazo de solicitude remata o 30 de setembro na convocatoria xeral de bolsas e para estudantes non universitarios e para os universitarios esténdese ata o 14 de outubro.

Noticias web

03/08/2021