CRTVG

Buscar

Abre o prazo de matrícula para as escolas infantís da rede "A Galiña Azul"

Publicado o 16/03/2019 18:29

Este sábado ábrese o prazo para matricular aos cativos na rede galega de escolas infantís "A Galiña Azul" cunha importante novidade: as crianzas deberán ter as vacinas ao día para acceder a unha praza nas públicas e nas concertadas. As escolas privadas tamén avalan este requisito, é máis, moitas destas garderías xa pedían de xeito opcional a cartilla de vacinación .
En total, serán 10.379 prazas, unhas 114 máis que no curso actual, ás que se engaden case cincocentas concertadas con centros de titularidade privada. O prazo de solicitude estenderase ata o próximo día 5 de abril.

 

Noticias web

16/03/2019