CRTVG

Buscar

Abre o prazo de matrícula nas escolas infantís da Xunta

Publicado o 01/06/2021 16:26

As familias dos máis de 8.000 cativos admitidos nas escolas infantís da Xunta poderán desde hoxe mesmo formalizar a matrícula para o curso 2021-2022.

Terán de prazo ata o próximo xoves 10 de xuño para facelo, e ademais do impreso de matrícula debidamente cuberto deberán acompañar unha copia da cartilla de vacinación do menor.

A matrícula pódese facer presencialmente no propio centro ou a través da sede electrónica da Xunta. O curso nas escolas infantís comezará o 6 de setembro.

 

 

 

Noticias web

01/06/2021