A apertura do pequeno comercio anima a actividade nas rúas
No día da estrea da fase 1, abriu o 60 por cento do pequeno comercio que pode atender xa sen cita previa. Son datos da Asociación de Traballadores Autónomos, ATA. Os negocios cunha porcentaxe máis elevada de apertura son os salóns de peiteado. 3 de cada 4 xa están funcionando.
Os pequenos comerciantes abrían hoxe os seus establecementos cunha novidade: xa poden atender os seus clientes sen necesidade de cita previa. Dende o sector aseguran que están preprados para que as compras se realicen con seguridade e cumprindo coas medidas de prevención
E entre os clientes hai quen suspiraba por volver ás tendas e quen o toma con calma. Con todo, o pulso nas rúas parece recobrarse, con moito máis tráfico peonil e rodado.
Para os comerciantes, a alegría de volver mesturase co medo a un futuro incerto. Por iso, animan a apostar polo pequeno comercio, dinamizador da economía nas vilas e cidades.
A apertura do comercio sen cita previa aféctalles aos establecemtos de menos de catrocentos metros cadrados, o resto e as grandes superficies aínda deberán esperar.