CRTVG

Buscar

Abre en Ourense a primeira unidade de enfermidades raras de España

Publicado o 22/10/2018 19:38

Estímase que unhas 250.000 persoas padecen en Galicia algunha das máis de 7.000 enfermidades raras que existen. Trátase de doenzas pouco frecuentes e difíciles de diagnosticar. A media está en 5 anos. En Ourense acaba de abrir as súas portas a primeira unidade de enfermidades raras que existe en España. O seu obxectivo é reducir a un ano o tempo de diagnose.

Este laboratorio é unha peza fundamental para diagnosticar unha enfermidade rara. Aquí lévanse a cabo análises xenéticas que permiten confirmar a doenza, pero o traballo comeza antes.

Un traballo conxunto que permitirá reducir o tempo de diagnose, actualmente uns 5 anos de media, mellorando así a calidade de vida dos pacientes.

Doenzas pouco frecuentes que afectan en total un 7 por cento da poboación.


 

Noticias web

22/10/2018