CRTVG

Buscar

Abre en Madrid e con presenza galega a primeira feira internacional do sector da defensa

Publicado o 29/05/2019 16:07

O mercado da defensa e da seguridade move ao ano máis de 5.900 millóns de euros. É un sector cun alto grao de internacionalización, o 83% da facturación corresponde a exportación. Estes días celebra en Madrid a primeira feira internacional, onde non falta presenza galega.

Este vehículo, cunha alta protección fronte ás minas, é unha das grandes novidades desta feira. Cun cometido similar, de Galicia chega o Uro Vamtac, equipado neste caso cun robot antiexplosivos.

Repercusión na economía galega vai ter a fragata dixital F-110 que Navantia vai fabricar en Ferrol. Dun xigante, Navantia, a esta empresa de Nigrán que presenta unha embarcación non tripulada. Da pesca deu o salto á industria de defensa.

Esta é a primeira feira destas características que se celebra en España dun sector, o da defensa e a seguridade, que factura preto de 6.000 millóns de euros e dá emprego a máis de 42.000 persoas.


 

Noticias web

29/05/2019