Hoxe abriu o prazo de solicitude de matrícula para o próximo curso escolar, en liña e presencial
Publicado o 11/05/2020 13:10
Hoxe abren as portas os colexios, non para o alumnado, senón para solicitar praza para o curso ben en colexios e institutos. As solicitudes pódense facer por Internet ou presencialmente.
Para aqueles pais que prefiran facelo presencialmente xa está todo preparado para que se poida realizar de forma segura.
Cóntanolo no Bos días a directora do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, Aurora Cañizares.