CRTVG

Buscar

Abordan un pesqueiro con 15 toneladas de haxix preto de Fuerteventura tras unha investigación iniciada en Galicia

Publicado o 01/06/2021 21:06

Unha investigación iniciada en Galicia permitiu apresar un pesqueiro con 15 toneladas de haxix. O barco, con bandera de Mongolia, foi interceptado en augas internacionais a tan só 30 millas de Fuerteventura por efectivos da Axencia Tributaria, a Garda Civil e a Policía Nacional.

Na chamada Operación Auga Mollada foron detidos e trasladados ao porto das Palmas os catro tripulantes da embarcación, que levantara as sospeitas de Vixilancia Aduaneira.

Noticias web

01/06/2021