CRTVG

Buscar

Pensando en viaxar co Imserso? Primeiro hai que darse de alta como usuario

Publicado o 01/07/2021 14:12

As persoas xubiladas que queiran darse de alta para poder participar nas viaxes do Imserso poden facelo xa. Teñen dúas vías: de maneira telemática a través da web do Imserso ou persoalmente nunha axencia de viaxes.

María Castro, da axencia de viaxes Darío, di que "é un trámite sen custo que permite que, cando o beneficiario decida viaxar, poida apuntarse ás viaxes do Imserso. É un requisito previo".

Debe formalizalo quen non estea de alta aínda. E, despois, agardar a que saía a oferta de viaxes alá polo outono. Diversas persoas, a maioría xubilados e xubiladas, falan sobre as súas perspectivas de viaxe ou o temor á pandemia.

O prazo para a acreditación de novos xubilados e xubiladas en disposición de viaxar co Imserso remata o día 30.

 

Noticias web

01/07/2021