CRTVG

Buscar

Abel Caballero presenta a súa candidatura á reelección como alcalde de Vigo

Publicado o 30/04/2019 20:07
Abel Caballero presenta a súa candidatura á reelección como alcalde de Vigo

Abel Caballero presentou esta tarde a candidatura que lidera para as eleccións municipais do 26 maio. O candidato socialista afronta as súas cuartas eleccións á alcaldía de Vigo co obxectivo de presentar un equipo que sexa o reflexo da sociedade viguesa. A lista está formada polos integrantes da corporación municipal, a excepción de Olga Alonso e Ángeles Marra, elixidas deputadas, e David Regades, que é o delegado da Zona Franca. Caballero conta, ademais, con incorporacións como a Elena Espinosa, que fora ministra con Zapatero.

 

Noticias web

30/04/2019