CRTVG

Buscar

Abel Caballero ficha a ex-ministra Elena Espinosa

Publicado o 08/04/2019 20:57
Abel Caballero ficha a ex-ministra Elena Espinosa

Abel Caballero ficha a ex-ministra Elena Espinosa para as eleccións municipais. Ocupará o número tres da candidatura socialista ao Concello de Vigo, só detrás do propio alcalde e da presidenta da Deputación de Pontevedra.

Helena Espinosa foi ministra nos gobernos de Zapatero. Ocupou a carteira de Agricultura catro anos e despois a de Medio Ambiente.

Caballero tamén incluíu na súa lista para as municipais a Abel Losada, ex-voceiro parlamentario do PSdeG.

Noticias web

08/04/2019