CRTVG

Buscar

Abel Caballero desvela que a cabalgata de Nadal viguesa será estática

Publicado o 16/10/2020 16:18

Coñecemos máis detalles de como será este ano a celebración do Nadal en Vigo. Hoxe, o alcalde desvelou que a cabalgata será estática.

As carrozas e outras atraccións permanecerán paradas nunha rúa ampla, por onde poderán pasar os nenos e as súas familias.

Tamén haberá control da ocupación nas rúas a través de cámaras e semáforos limitando os accesos para ver a iluminación.

Noticias web

16/10/2020