ABBA regresa cun novo disco 40 anos despois da súa separación
Publicado o 03/09/2021 08:47
Corenta anos despois da súa retirada, volve ABBA. O grupo sueco adiantou a súa intención coa presentación deste tema inédito nun evento en YouTube. Logo de catro décadas afastados dos estudos de gravación e das actuacións en directo, maio é a data marcada no calendario para volver velos xuntos. De momento, xa teñen dúas novas cancións na rede e prometen un disco completo.