O líder de Vox, Santiago Abascal reforza a cúpula do partido que preside
Santiago Abascal presentou a súa candidatura para a renovación do seu liderado á fronte de Vox por catro anos máis. Unha das principais novidades da lista é o ascenso do eurodeputado Jorge Buxadé á vicepresidencia política, o que o converte no número tres do partido. Buxadé foi o xefe de campaña da formación nas eleccións do 10-N e incorpórase tamén ao comité de acción política.
Amais de Ortega Smith e Espinosa de los Monteros, a candidatura incorpora varios deputados.
Logo da asemblea que o partido de extrema dereita celebrará o 7 de marzo, a continuidade de Abascal na presidencia dase por segura, fronte a o seu competidor, Carmelo González. O que fora responsable de comunicación do partido en Las Palmas, anunciou a súa intención de presentarse ás primarias.