Abandonan as restricións A Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa
Seis zonas acoutadas por rúas mantiñan as restricións na Coruña. Son Os Mallos, Vioño, Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia e a Estación que a partir das doce da noite volven adoptar as mesmas medidas que o resto da cidade e de Galicia. Na hostalaría aquí volve o consumo en barra.
Despois de semanas de protestas, o ocio nocturno da Coruña tamén recibe unha boa nova. O Concello permitiralles aos pubs abrir nas mesmas condicións que os bares con horario de 10 da mañá á unha da madrugada, tal e como pedía o sector.
Así, Manuel podería abandonar a folga de fame que mantén desde o pasado venres.
Malia poder abrir seguirá recollendo sinaturas en defensa dun sector que desde a fin do estado de alarma apenas puido abrir as portas durante un mes.