CRTVG

Buscar

Abanca termará da Nueva Pescanova

Publicado o 26/01/2021 08:22

Abanca termará da Nueva Pescanova. A entidade financeira anunciou que vai acudir á ampliación de capital da multinacional pesqueira que se puxo en marcha despois de que o xulgado tumbara o acordo cos acredores. O banco que preside Juan Carlos Escotet conseguiu a práctica totalidade do capital que estaba en mans de MerryLinch e converterá en capital da débeda da compañia, 643 millóns procedentes da época de Manuel Fernández de Sousa. Con estas medidas, Abanca terá o 88,4 % de Nueva Pescanova.

Noticias web

26/01/2021