CRTVG

Buscar

Abanca quere reestruturar o Deportivo e despois vendelo

Publicado o 31/03/2021 11:55

• Así consta na memoria anual de Abanca, que lle foi remitida este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores 

Abanca quere reestruturar o Deportivo e despois vendelo

Abanca desvela os seus plans de futuro para o Deportivo da Coruña. A entidade presidida por Juan Carlos Escotet márcase como obxectivo sanear o club e endereitar o seu rumbo antes de buscar un novo propietario que asuma as rendas do conxunto branco e azul.

Na memoria anual de Abanca Corporación Bancaria, que foi remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) este luns, consta que a capitalización de débeda por valor de 35 millóns de euros que o banco galego realizou no Deportivo "formalizouse co obxectivo de participar na xestión e reestruturación da sociedade, poñéndoa en valor no menor prazo posible e establecer un plan de venda para dar entrada a novos socios e recuperar o investimento realizado".