CRTVG

Buscar

O goteo de peches de sucursais bancarias non cesa: as últimas vítimas, Portas e Campo Lameiro

Publicado o 27/08/2021 12:20

O que están facendo os bancos nalgúns concellos do rural podería cualificarse como desbandada. O goteo de peche de sucursais ou caixeiros non cesa. En Campo Lameiro o estupor é total coa última proposta do banco. Abanca ofrécese a enviarlle algunha vez ao mes un microbús. Así as cousas, esta tarde van facer unha concentración de protesta esta tarde.

"Estamos seguros de que a mobilización terá un masivo apoio veciñal, como seguros estamos de que imos retirar todos o diñeiro do banco se nos pechan a oficina", lembrou o primeiro edil de Campo Lameiro, Carlos Costa.

Ao Concello de Portas Abanca comunicoulle a decisión "irrevogable" de pechar a súa sucursal en Portas o próximo 22 de outubro.  O alcalde, Ricardo Martínez, convocou de urxencia unha xunta de portavoces para este venres "indignado" pola decisión e anuncia xa "accións de protesta".

Estes anuncios súmase a outros realizados nas últimas semanas en municipios como A Baña, Vimianzo e Zas. 

 

Noticias web

27/08/2021