CRTVG

Buscar

Abanca non prevé peches masivos de oficinas porque xa conta cunha rede eficiente

Publicado o 13/05/2021 14:47

Abanca quere facer da sostibilidade a súa estratexia corporativa. A entidade planea ser totalmente verde en 2024 mediante actuacións ambientais, socioeconómicas e de bo goberno. O seu presidente asegurou na presentación do plan que a sostibilidade ten a mesma importancia que os obxectivos financeiros. Juan Carlos Escotet tamén dixo que Abanca ten unha rede eficiente que se foi adaptando aos tempos, polo que non contempla peches masivos de oficinas.

Noticias web

13/05/2021