Abanca lanza unha oferta de 200 millóns para mercar o 93% de Nueva Pescanova
Publicado o 21/02/2020 20:26
Pescanova dispárase na bolsa tras a oferta de Abanca, que ofrece 200 millóns de euros para mercar o 93 por cento do seu capital. Tras coñecerse a noticia, as accións de Pescanova subiron un 49 por cento. A venda aínda non está pechada, tena que ratificar o Consello de Administración de Nueva Pescanova, que se reuniu este venres. De prosperar, a empresa recuperaría a súa orixe galega.