Abanca faise co control de Nueva Pescanova para "salvagardar unha empresa fundamental para Galicia"
Abanca toma o control de Nova Pescanova. Queda co 80% das accións tras mercar as de Sabadell e CaixaBank.
Do grupo de bancos que saíran ao rescate de Pescanova en 2015 xa só queda Abanca no accionariado, co control case absoluto.
A entidade de Juan Carlos Escotet comprou as accions dos últimos en marchar, Sabadell, que tiña un 24% da compañía, e Caixabank, cun 15.
E Abanca, que xa viñera incrementando o seu peso na empresa nos últimos anos, suma así máis do 80% do capital de Nova Pescanova cun obxectivo, segundo explican nun comunicado, "salvagardar unha empresa fundamental para Galicia" e que non quede en mans de fondos de investimento.
Queren que os órganos de decisión volvan a estar aquí e din que van reforzar a estrutura financeira da compañía e tamén a súa actividade. O plan tamén pasa por buscar un socio industrial, que achegue traballo e coñecementos.