Abanca compra por un euro a rede en España do Novo Banco portugúes

Abanca pagará un euro para comprar a rede en España do Novo Banco portugués. A operación, anunciada o pasado abril, a falta das autorizacións regulatorias pertinentes, concluirá durante a segunda metade deste ano.
A cantidade, que ata o de agora non se divulgou, consta nun informe da Comisión de Acompañamento de Novo Banco recollido hoxe por medios lusos, que detalla que a operación inclúe a transferencia de dez sucursais e uns 170 traballadores en España.
Novo Banco, herdeiro do antigo Banco Espírito Santo, puxo á venda o seu negocio en España en 2020 e alcanzou un acordo con Abanca o pasado abril. Con esta operación, a entidade con sede en Galicia superará os 100.000 millóns de volume de negocio e incrementará a súa posición no mercado español.
Esta compra é a sexta operación corporativa de Abanca desde 2014, tras as do Banco Etcheverría, os Servizos Financeiros do Banco Popular, o Deutsche Bank PCB, o Banco Caixa Geral, tamén propiedade dunha entidade portuguesa, e Bankoa.