Aárea sanitaria de A Coruña-Cee retrocede a cifras de febreiro con 2.094 casos activos
A situación epidemiolóxica da área sanitaria da Coruña-Cee segue sen dar tregua. Con 196 casos activos máis volve sobrepasarse a barreira dos 2.000, unha cifra que non se rexistraba dende finais da terceria vaga.
Oleiros é o concello que presenta a maior incidencia do virus con 552 casos por 100.000 habitantes. Para algúns veciños, o incremento poboacional durante o verán está detrás desta mala evolución.
Tamén na Costa da Morte a COVID segue en alza. Só na última semana en Fisterra contabilizáronse 23 dos 26 contaxios diagnosticados no concello. Carballo segue sumando positivos aínda que a un ritmo inferior que en días pasados e hoxe rexistra 145 casos activos. e en pouco máis dunha semana,Vimianzo pasou de 1 a 23.
Se ben, polo de agora, a presión hospitalaria mantense estable en toda a área sanitaria de A Coruña-Cee. Hai 27 pacientes ingresados, 18 en planta e 9 nas unidades de coidados intensivos. Con todo preocupa a incidencia da variante Delta na zona. Segundo os últimos datos do CovidBens, representa xa o 35 por cento das mostras analizadas.