CRTVG

Buscar

A Xustiza tomba o plan da Generalitat para confinar 160.000 persoas polo virus

Publicado o 13/07/2020 08:22
A Xustiza tomba o plan da Generalitat para confinar 160.000 persoas polo virus

Hoxe os veciños tiñan que amencer confinados pero parece que finalmente non vai poder ser.

Unha xuíza tombou a orde do Govern horas despois de que este pedise a unhas 160.000 persoas que permanecesen na casa. Di que é unha medida desproporcioada e unha competencia que lle corresponde ao Goberno central.

Así que, de momento, hai mobilidade sen restricións para os 160.000 veciños de LLeida e de sete concellos da comarca do Segrià.

Hai, iso si, moito negocio pechado por iniciativa propia e menos xente pola rúa.