CRTVG

Buscar

A xustiza suspende o rescate a Plus Ultra e paraliza cautelarmente a entrega de 34 millóns prevista para o 28 de xullo

Publicado o 22/07/2021 16:29

A xustiza suspende cautelarmente o rescate do Goberno á compañía aérea Plus Ultra. O xulgado de instrución número 15 de Madrid acaba de suspender a entrega de 34 millóns de euros prevista para o 28 de xullo. Di que debe ser xustificada. A través dun auto, a xuíza instrutora advirte de que as partes deberán acreditar a necesidade desa entrega. Plus Ultra ten cinco días para facelo. Para o Partido Popular, esta decisión xudicial constata a necesidade dunha autoridade independente que xestione os fondos europeos, para que non queden exclusivamente en mans do Goberno. O PP reclama ademais unha investigación parlamentaria sobre o rescate a Plus Ultra.

Noticias web

22/07/2021