CRTVG

Buscar

A xustiza rexeita de novo o toque de queda en Barcelona por desproporcionado

Publicado o 23/08/2021 11:51

EFE

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeitou a nova proposta da Generalitat para aplicar o toque de queda en Barcelona e outros 61 municipios de máis de 20.0000 habitantes, ao considerar que sería "innecesario e desproporcionado" pola redución de contaxios.

Nun auto, a Sala do Contencioso volveu rexeitar a proposta do executivo catalán, que o pasado venres modificou o seu criterio para pedir o confinamento nocturno ante a proliferación de aglomeracións e botellóns, despois de que a xustiza se negara a avalar a prórroga desta restrición en 148 municipios e acoutárao a 19 localidades de máis de 5.000 habitantes con máis 250 casos por cada 100.000 veciños.

Segundo o tribunal, "parte dos municipios de máis de 20.000 habitantes para os que se interesa o toque de queda non alcanzan o índice" de incidencia acumulada na última semana de 125 casos positivos, polo que, ao seu entender, aplicar esta restrición "resultaría aínda máis innecesario e desproporcionado".

Noticias web

23/08/2021