A xustiza rebaixa a 19 os municipios catalás con toque de queda e deixa fóra Barcelona
Publicado o 19/08/2021 15:29
O Tribunal Superior de Xusticia de Cataluña rexeita prorrogar unha semana o toque de queda a 148 concellos e tan so limita a aplicación desta restrición a 19 localidades. Entre elas non está Barcelona. E alí están a celebrar as festas do barrio de Gracia e vexan o que está pasando.
Centos de mozos de madrugada de botellón e con grandes aglomeracións nas rúas. A gran maioría está sen máscaras, sen cumprir as distancias de seguridade e consumindo alcol no exterior. Cando chega a Garda Urbana non fan caso as indicación dos axentes e mesmo forman barricadas para evitar marchar para as súas casas.