CRTVG

Buscar

A xustiza mexicana declara inconstitucional penalizar o aborto

Publicado o 07/09/2021 21:14
A xustiza mexicana declara inconstitucional penalizar o aborto
EFE

A Suprema Corte da Xustiza da Nación (SCJN) de México declarou este martes inconstitucional a penalización das mulleres que abortan na primeira etapa do embarazo e recoñeceu o dereito para decidir, nun fallo histórico. 

Por unanimidade, os membros do pleno da SCJN invalidaron o artigo 196 do código penal do septentrional estado de Coahuila que impoñía de un a tres anos de cárcere "á muller que voluntariamente practique o seu aborto ou á persoa que lle fixer abortar co consentimento". 

O aborto, cuxa criminalización é competencia local, só está despenalizado en catro dos 32 estados do país: Cidade de México, Oaxaca, Hidalgo e Veracruz.

Noticias web

07/09/2021