CRTVG

Buscar

A xustiza internacional ratifica a cadea perpetua de Mladic polo xenocidio de Srebrenica

Publicado o 08/06/2021 17:51
A xustiza internacional ratifica a cadea perpetua de Mladic polo xenocidio de Srebrenica

O Mecanismo para os Tribunais Penais Internacionais (MTPI) ratificou hoxe a condena a cadea perpetua do exlíder militar serbobosníaco Ratko Mladic polo xenocidio de Srebrenica, en que morreron uns 8.000 musulmáns, e por outros crimes de guerra e de lesa humanidade.

Coñecido como o Carniceiro dos Balcáns, Mladic estivo presente no tribunal, fixo xestos de negación ao principio da sesión e agachou a cabeza cando tivo que levantarse para escoitar a sentenza en segunda instancia, que é definitiva.

Mladic leva detido desde 2011 na unidade de detención da ONU na Haia e está por ver onde cumprirá a súa condena. 

Noticias web

08/06/2021