CRTVG

Buscar

A xustiza europea suspende o levantamento da inmunidade de Puigdemont

Publicado o 02/06/2021 17:40
EFE

O Tribunal Xeral da Unión Europea suspendeu este mércores o levantamento da inmunidade dos eurodeputados de JxCAT Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí. Os tres presentaran un recurso ante o Tribunal pedindo medidas cautelares contra o levantamento da súa inmunidade.

A xustiza europea ha decidido outorgarllas, suspendendo provisionalmente o levantamento da súa inmunidade, cinco días antes de que a Eurocámara retome de novo as súas sesións en Estrasburgo (Francia), evitando así que as autoridades francesas poidan deterlles ante unha hipotética euroorden que puidese emitir o Tribunal Supremo.

A Eurocámara decidiu levantarlles a inmunidade o pasado 9 de marzo, aceptando o suplicatorio solicitado polo xuíz Pablo Llarena, e ante esta decisión, Puigdemont, Comín e Ponsatí presentaron unha demanda ante o Tribunal Xeral da UE pedindo que anulase a votación e aplicase medidas cautelares, mentres estuda o fondo da causa.

Na súa demanda alegaron que a Eurocámara "non lles garantiu a posibilidade de exercer, na súa calidade de deputados, os seus dereitos fundamentais como representantes dos cidadáns da Unión", explicou o Tribunal con sede en Luxemburgo nun comunicado. Ademais, "tendo en conta de que o Parlamento anunciou que renova as súas sesións na súa sede de Estrasburgo o 7 de xuño de 2021, os deputados estarían expostos ao risco de ser detidos se viaxasen a Francia", continuou a corte.

O Tribunal explica que o Parlamento Europeo aínda non puido presentar as súas observacións contra a demanda presentada por Puigdemont, Comín e Ponsatí, polo que "a día de hoxe non é posible determinar se o seu fundamento quedou suficientemente demostrado". Con todo, o Tribunal obriga á Eurocámara a suspender provisionalmente o levantamento da inmmunidad dos tres eurodeputados. 

Noticias web

02/06/2021