CRTVG

Buscar

A xustiza europea declara "inadmisible" o recurso de Junqueras contra a decisión da Eurocámara de deixar vacante o seu escano

Publicado o 15/12/2020 17:58
A xustiza europea declara "inadmisible" o recurso de Junqueras contra a decisión da Eurocámara de deixar vacante o seu escano

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) considerou este martes inadmisible o recurso presentado polo líder de ERC Oriol Junqueras contra a decisión do presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, que deixou vacante o seu escano na Eurocámara por mor das decisións dos tribunais e autoridades electorais españolas.

"O presidente do Parlamento Europeo non fixo máis que transmitir á institución información sobre unha situación xurídica preexistente, derivada exclusivamente das decisións das autoridades españolas", sinalou a corte nun comunicado.