CRTVG

Buscar

A xustiza descarta "intención criminal" dos pais do bebé falecido en Ourense

Publicado o 14/03/2019 15:57

Os pais do meniño de dous meses morto a semana pasada en Ourense negan que estivese mal atendido e atribúen a unha desgraza o falecemento. O irmán xemelgo permanece ingresado no hospital por lesións nas costelas. Neste caso, o pai recoñece que puido facerlle dano ao intentar reanimalo porque non respiraba. O xulgado aínda non tomou ningunha medida sobre os proxenitores.

Tanto o pai como a nai dos bebés asistiron hoxe aos xulgados de Ourense. Tentaban coñecer os pormenores da investigación que se abriu pola morte do meniño e as lesións do seu xemelgo. A falta de novas probas forenses, o xulgado desbota indicios de criminalidade na morte do cativo.

A respecto do outro bebé, que permanece no hospital, o pai recoñece que puido producirlle a lesión nas costelas ao intentar reanimalo porque non respiraba. Por agora, o xulgado non decidiu ninguna medida contra os proxenitores e a Xunta asumiu o coidado do meniño hospitalizado mentres non se aclaren todas as cricunstancias que rodean o caso.

Noticias web

14/03/2019