A Xustiza dá a razón ao ancián mindoniense que ía ser desafiuzado
O Xulgado dá a razón ao ancián de Mondoñedo. Non haberá desafiuzamento para Xosé Ratoeira
Ten 84 anos, está inválido, viúvo e non ten fillos. Hai uns anos deulle un ictus pero, con todo, Xosé cría que tiña a súa vida máis ou menos resolta coa axuda dunha asistente e co seu pisiño en propiedade.
Era o que cría el, pero un día lle chegoulle unha notificación pedindo o seu desafiuzamento. Xosé Manuel non podía crelo, xa que el fíxose co piso no 2007, logo de permutar cun contratista un terreo que tiña no centro de Mondoñedo.
Na súa loita acompañaouse de Luís Rego, o seu avogado, onde atopou apoio e defensa legal, que explica Luís Rego, o avogado de Xosé Ratoeira.
A vista celebrouse o xoves no xulgado número 1 de Mondoñedo, e o venres a xuíza comunicou que desestimaba o desafiuzamento de Xosé Manuel, e impúxose os custes do xuízo á Sareb, o coñecido como banco malo A espera do que decida a Sareb, dende este venres Xosé está un pouco máis en paz, un pouco máis tranquilo.