A xustiza colombiana chama a declarar o carballés acusado da compra dun bebé
Publicado o 06/03/2019 15:34

A xustiza colombiana chama a declarar ao veciño de Carballo acusado dun presunto delito de tráfico de nenos e migrantes. José Mato Roibal está investigado pola compra dun bebé de cinco semanas e media, feito polo que foi detido no aeroporto internacional de El Dorado en xullo de 2014.
O xuíz colombiano citouno en Bogotá, pero a defensa pediu que puidese declarar por videoconferencia dende os xulgados de Carballo. Estaba previsto que o fixese esta semana, pero finalmente a declaración quedou suspendida ata nova data.