CRTVG

Buscar

A xustiza británica dálle a razón a España e condena a aseguradora do Prestige

Publicado o 12/05/2021 21:34

España gaña a primeira batalla en Londres para cobrar os 885 millóns de euros que reclamaba pola catástrofe do Prestige.

A xustiza británica desestimou o recurso presentado pola aseguradora do petroleiro contra a sentenza do Tribunal Supremo, que a declaraba culpable dos danos provocados pola marea negra hai case 19 anos.

O maxistrado dictaminou que a compañía debera ter continuado a batalla legal nos tribunais españois, e lembra que non se presentou no xuizo celebrado na Coruña. A aseguradora, que podería recurrir, mantén varias frontes xudiciais abertas.

Noticias web

12/05/2021