A xustiza belga apraza a vista de Puigdemont, Comín e Puig ata o 3 de febreiro
O mesmo xuíz que no seu día paralizou a extradición de Puigdemont a España por un defecto de forma decidiu este luns prolongar o suspense ata o 3 de febreiro. Quere saber antes se o ex-presidente catalán e o ex-conseller Toní Comín gozan de inmunidade parlamentaria pola súa condición de eurodeputados, a pesar de non acudiren a España a recoller a acta. Iso teno que decidir o Tribunal de Xustiza da Unión Europea: ainda non hai data para esa sentenza, pero unha boa pista será a que si está prevista para este xoves no mesmo sentido sobre o ex-vicepresidente catalán, Oriol Junqueras.
Carles Puigdemont, ex-presidente da Generalitat de Cataluña, cre que "o do xoves non é un caso que nos afecte directamente a nós. Nós temos o noso itinerario, ao que lle quedan algunhas etapas máis. Pero, en calquera caso, a decisión será moi relevante sobre o conxunto dos dereitos que están en xogo"
O aprazamento inclúe tamén o ex-conseller Lluis Puig, a pesar de que non se presentou ás eleccións europeas.