CRTVG

Buscar

A Xunta xa aboou o 70 % das axudas destinadas a autónomos e hostaleiros

Publicado o 31/12/2020 15:51

O café Latino, todo un clásico de Ourense, pasou a maior parte da pandemia pechado cos seus oito traballadores en ERTE. Para o seu xerente, Eduardo Rodríguez, este foi "un ano perdido". Acolleuse ás axudas da Xunta para a hostalería e ingresáronlle 1.500 euros por cada mes que estivo pechado, un balón de osíxeno antes de que remate o ano.

Estas axudas son a fondo perdido e compatibles coas do Estado e as dos concellos. As asociacións de autónomos cren que son básicas para a súa supervivencia, tras un ano en que perderon máis da metade dos seus ingresos.

O presidente de UPTA, Eduardo Abad, asegura que moitos son "autónomos mileuristas, apenas cobren os gastos da actividade e a penas son capaces de sobrevivir coa súa facturación".

Por iso, apelan á cidadanía para que consuma nos negocios de proximidade, dándolles así esperanza para o futuro.

 

Noticias web

31/12/2020