CRTVG

Buscar

A Xunta volve cuestionar os prazos da chegada do AVE a Galicia

Publicado o 22/03/2021 16:52

Alfonso Rueda falou da chegada do AVE e Galicia e cuestionou os prazos ofrecidos polo Goberno central. O vicepresidente primeiro teme que se rexistre un novo incumprimento, dixo, como o que se vai rexistrar na conexión con Lugo.

"O señor Ábalos dixo que o AVE chegaría a Lugo en 2021, e agora soubemos que sae agora a primeira fase da licitación, e encima recortada na metade do seu orzamento inicial, e polo tanto non estará ata o ano 2024. Polo tanto eu pediría un mínimo de seriedade ao Goberno central anunciando datas e cumprindo compromisos. Agora acábanos de dicir que o AVE a Galicia chegará en 2021, veremos se é certo", dixo o vicepresidente da Xunta.

Noticias web

22/03/2021