A Xunta ve "salvable" a negociación entre Alcoa e Liberty e urxe o Goberno a fixar un prezo eléctrico "competitivo"
Publicado o 15/09/2020 16:51
O conselleiro de Economía asegura que están a traballar para desatascar as negociacións entre Alcoa e o grupo Liberty House para a venda da planta de San Cibrao. Iso si, Francisco Conde pídelle ao Goberno central que concrete xa os incentivos prometidos na tarifa eléctrica.