CRTVG

Buscar

A Xunta ve A Volta como unha oportunidade para promover o turismo galego e o Xacobeo

Publicado o 21/04/2021 21:47

Presentouse a etapa que transcorre polo concello de Mos, das tres que pasan pola comunidade

A Xunta salientou hoxe a oportunidade que ofrece A Volta a España para promover o turismo galego e o Camiño de Santiago. O vicepresidente da Xunta participou na presentación da etapa no concello de Mos, unha das tres que pasarán por Galicia antes de rematar na praza do Obradoiro.

Alfonso Rueda animou os afeccionados e profesionais a vir a Galicia para descubrir un destino turístico seguro e sostible.

Noticias web

21/04/2021