CRTVG

Buscar

A Xunta vai renovar a metade da súa frota por coches menos contaminantes

Publicado o 15/07/2021 13:53
A Xunta vai renovar a metade da súa frota por coches menos contaminantes

A Xunta vai renovar a metade da súa frota de coches por outros menos contaminantes. O Consello acaba de aprobar 6 millóns de euros para adquirir por leasing 191 vehículos híbridos, híbridos conectables ou eléctricos. O Goberno galego vai dedicar outro millón a axudar os concellos a financiaren coches eléctricos ou híbridos para as policías locais.


 

Noticias web

15/07/2021