A Xunta vai ampliar a entrada do Camiño Francés en Santiago
Publicado o 01/07/2019 14:39
A Xunta vai acometer obras para mellorar a entrada en Santiago do Camiño Francés. O proxecto é ampliar as sendas de peregrinos e peóns ata catro metros, tres nos puntos mais estreitos, e humanizalas con partes verdes. As empresas interesadas poden licitar ata o 29 dete mes. A obra súmase a outras en execución nos accesos do Camiño Inglés, no polígono do Tambre, e o Portugués, que entra en Santiago polo barrio de Conxo. A do Camiño Frandés, presupostada en 930.000 euros, comezará en setembro, cando diminúa o fluxo de peregrinos, e ten un prazo de execución de nove meses.