CRTVG

Buscar

A Xunta traballa nun plan específico para incentivar a demanda no comercio

Publicado o 25/04/2020 12:18

A Xunta traballa no deseño dun "plan específico" para o comercio galego, con xestos e medidas que xeren confianza e impulsen a demanda. 

Así acaba de trasladárllelo o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ao presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a representantes das federacións provinciais, cos que tivo unha xuntanza telemática. 

O presidente da Xunta, Núñez Feijoo, demandará na conferencia de presidentes que se poida retomar canto antes certa actividade comercial de xeito seguro, con limitacións de aforo ou cita previa. 

Noticias web

25/04/2020