CRTVG

Buscar

O custo dos incendios: a Xunta valora en 134.000 euros o que lle supuxo apagar o de Salvaterra

Publicado o 17/06/2021 13:59
O custo dos incendios: a Xunta valora en 134.000 euros o que lle supuxo apagar o de Salvaterra

Queda pouco para comezar o verán e xa fixo acto de presenza algo que sempre preocupa cando chega a calor: o lume. A Xunta tivo que gastar 134.000 euros no primeiro grande incendio da tempada, que obrigou a mobilizar 37 motobombas, 6 brigadas e 2 helicópteros.

Arderon máis de 350 hectáreas, e decretouse o nivel 2 de alerta porque as lapas se achegaron a vivendas de Salvaterra de Miño e Mondariz.

Noticias web

17/06/2021